Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 3 de decembro de 2014 Páx. 49911

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (729/2014).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 729/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Andrade Conde contra Edrogal, S.L., Fogasa sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Resolvo:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por José Antonio Andrade Conde fronte á empresa Edrogal, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento con opción pola extinción da relación laboral, e con condena á empresa a aboar á parte demandante a indemnización de 39.329,4 euros.

2º. O Fogasa deberá avirse a esta resolución nos termos do artigo 23.5 último parágrafo e 6, inciso primeiro, da LXS e artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes.

Contra a presente resolución cabe recurso de suplicación nos supostos previstos no artigo 191 da LRXS, que deberá ser anunciado ante este xulgado no prazo de cinco días seguintes á notificación da presente resolución na forma prevista no artigo 194 e concordantes da LRXS, e co cumprimento das obrigas de depósito, consignación ou aseguramento previstas nos artigos 229 e seguintes da LRXS.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o maxistrado que a ditou, en audiencia pública no día da data, do que dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Edrogal, S.L., expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de novembro de 2014

O secretario xudicial