Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 28 de novembro de 2014 Páx. 48895

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 14 de novembro de 2014 pola que se dispón a renovación de varios vogais do Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña.

O texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, no seu artigo 30, atribúe ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que deberán facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e organismos e entidades que aqueles representen.

O Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de setembro de 2010 faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das devanditas competencias.

Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída,

DISPOÑO:

Renovar o mandato dos seguintes vogais no Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña:

– En representación da Administración xeral do Estado:

Consuelo Castro Rey

– En representación da Cámara de Comercio, Industria e Navegación:

Marcelo Castro-Rial Schuler

– En representación das organizacións empresariais:

Antonio Fontenla Ramil

– En representación do sector pesqueiro:

Severino Ares Lago

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2014

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar