Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 27 de novembro de 2014 Páx. 48822

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (154/2013).

Despedimento/cesamentos en xeral 154/2013.

Procedemento de orixe: procedemento ordinario 154/2013.

Sobre: ordinario.

Demandante: Santiago López Outes.

Avogado: Pedro Blanco Lobeiras.

Demandados: Moure Pan, S.L., Emilia Moure Conde, Celia Moure Conde, Dolores Moure Conde, Juan Somoza, Marcos Gato Mosquera, Confederación Intersindical Galega (CIG), Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia, Unión General de Trabajadores.

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 154/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Santiago López Outes contra Moure Pan, S.L., Emilia Moure Conde, Celia Moure Conde, Dolores Moure Conde, Juan Somoza, Marcos Gato Mosquera, Confederación Intersindical Galega (CIG), Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia, Unión Xeral de Traballadores, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución (sentenza):

«Decisión:

Tense a Santiago López Outes por desistido da demanda interposta contra Juan Somoza Torres, que deu orixe a este procedemento, con arquivamento do procedemento respecto do dito demandado.

Que estimando parcialmente a demanda de resolución contractual interposta por Santiago López Outes contra Moure Pan, S.L., Dolores Moure Conde, Emilia Moure Conde, Celia Moure Conde e Marcos Gato Mosquera, e estimando integramente a demanda de despedimento interposta por Santiago López Outes contra Moure Pan, S.L., debo declarar e declaro extinguida na data desta resolución a relación laboral existente entre o demandante e a demandada Moure Pan, S.L., e debo condenar e condeno a Moure Pan, S.L. a que lle aboe a Santiago López Outes a suma de 33.592,83 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral, e debo condenar e condeno a Moure Pan, S.L. e a Dolores Moure Conde de forma solidaria a que lle aboen a Santiago López Outes a suma de 29.885 euros en concepto de indemnización de danos e perdas; e debo absolver e absolvo os demandados Emilia Moure Conde, Celia Moure Conde e Marcos Gato Mosquera dos pedimentos deducidos na súa contra.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta poderán interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Juan Somoza Torres, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2014

A secretaria xudicial