Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 27 de novembro de 2014 Páx. 48824

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (108/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento monitorio 108/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Paz Ces Piñeiro, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Parte dispositiva:

Acordo:

1. Arquivar o presente procedemento monitorio instado por María Paz Ces Piñeiro fronte a Salvamento y Contraincendios, S.L., Academia Abrente, S.L., Alquileres y Servicios Educativos, S.L.

2. Dar traslado á parte demandante co fin de que presente demanda de execución, no caso de que desexe proceder ao despacho desta.

E para que sirva de notificación en legal forma a Academia Abrente, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2014

A secretaria xudicial