Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 27 de novembro de 2014 Páx. 48820

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 8 de Vigo

EDICTO (748/2012).

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Susana Álvarez García, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 8 dos de Vigo, viu os autos sinalados co número 748/2012, seguidos polos trámites do xuízo ordinario por instancia de Duarte Ferrín Iglesias, representado polo procurador Javier Soaje Renard e asistido da letrada Mónica Salgueiro Alonso, contra Julio Alberto Alonso Areses, representado pola procuradora Susana Boquete Rodríguez e asistido do letrado Eugenio Moure González, contra Coproim, S.L., en rebeldía, e dita o seguinte:

Que, estimando en parte a demanda formulada en autos de xuízo ordinario 748/2012 polo procurador Javier Soaje Renard, en nome e representación de Duarte Ferrín Iglesias, quen manifesta actuar en beneficio da Comunidade de Propietarios da rúa Sebastián Elcano, nº 12, de Vigo, contra Julio Alberto Alonso Areses e Coproim, S.L., sobre incumprimento contractual, debo condenar e condeno a Coproim, S.L. a lle aboar ao demandante a suma de vinte e tres mil oitocentos noventa e seis euros con cincuenta e dous céntimos (23.896,52 €) e cada parte debe aboar as custas causadas pola súa instancia e as comúns por metade. Debo absolver e absolvo a Julio Alberto Alonso Areses dos pedimentos contidos no “Suplico” da demanda, con imposición á parte demandante das custas procesuais causadas a este codemandado.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que esta non é firme e que contra ela cabe interpor recurso de apelación perante este xulgado, do cal coñecerá a Audiencia Provincial de Pontevedra no prazo de vinte (20) días a partir da súa notificación (artigo 458.1 LAC), logo de depósito da suma de 50 € na conta de depósitos e consignacións do xulgado.

Únase esta resolución ao libro da súa clase e déixese nos autos testemuño dela.

Así, por esta miña sentenza, resolvendo en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo en Vigo o 28 de xullo de 2014».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Coproim, S.L, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Vigo, 16 de outubro de 2014

O/A secretario/a xudicial