Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 27 de novembro de 2014 Páx. 48819

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (530/2013 VV).

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 530/2013 desta sección, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social contra a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, a empresa José Francisco Pérez Pichardo, sobre outros dereitos de Seguridade Social, se ditou a seguinte resolución:

Decidimos:

Que estimando en parte o recurso de suplicación interposto pola letrada da Administración da Seguridade Social, en nome e representación do Instituto Nacional da Seguridade Social, contra a sentenza de data 22 de xuño de 2012, ditada polo Xulgado do Social número 1 desta capital nos presentes autos 1000/2011, tramitados por instancia da demandante Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, fronte aos demandados: a empresa José Francisco Pérez Pichardo, o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, e con revogación dela e conseguinte desestimación da demanda, absolvemos os demandados das pretensións fronte a eles exercidas.

E para que lle sirva de notificación en legal forma á empresa José Francisco Pérez Pichardo, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 6 de novembro de 2014

A secretaria xudicial