Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 26 de novembro de 2014 Páx. 48674

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4241/2013 CG).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 4241/2013

Xulgado de orixe/autos: execución de títulos xudiciais 62/2013 Xulgado do Social número 2 de Vigo

Recorrente: Instituto Nacional da Seguridade Social

Avogado: Servizo Xurídico Seguridade Social (Provincial)

Recorridos: Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Parquets Yano´s, S.L., Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo

Avogados: Servizo Xurídico Seguridade Social (Provincial), (…), Luis Esteban Leyenda Martínez

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber:

Que no procedemento de recurso de suplicación 4241/2013 desta sección, seguido como recorrente Instituto Nacional da Seguridade Social e recorridos Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Parquets Yano´s, S.L., Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, sobre incidentes de execución, se ditou a seguinte resolución:

Decidimos: que desestimando o recurso de suplicación interposto pola letrada da Administración da Seguridade Social, actuando en nome e representación do Instituto Nacional da Seguridade Social, contra o auto de data do 2 de xullo de 2013, ditado en execución 62/2013, seguido por instancia da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra a empresa Parquets Yano´s, S.L. e a entidade xestora recorrente, debemos confirmar e confirmamos na súa integridade a resolución contra a que se recorre.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións ou concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG, co fin de que sirva de notificación en forma a Parquets Yano´s, S.L., actualmente en ignorado paradoiro, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 28 de outubro de 2014

A secretaria xudicial