Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 26 de novembro de 2014 Páx. 48672

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais en diversas categorías de xestión e servizos.

Por Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 15 de febreiro de 2013 (DOG nº 39, do 25 de febreiro) abriuse o prazo para a inscrición de aspirantes nas listas para a formalización de vinculacións temporais nas categorías de técnico/a superior, técnico/a de xestión e técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade.

Na dita resolución prevese unha xeración de listas coas persoas inscritas ata a data do 25 de marzo de 2013, que cumpran os requisitos determinados na citada resolución.

Por Resolución do 9 de xullo de 2014 (DOG nº 134, do 16 de xullo), publicáronse os resultados provisionais de baremación dos/as aspirantes admitidos/as, coa asignación do número de orde e puntuacións provisionais obtidas.

Rematado o prazo de reclamación contra a dita resolución e analizadas as reclamacións presentadas, este centro directivo, de conformidade coa base sétima da resolución de inicio do prazo de inscrición (DOG nº 39, do 25 de febreiro),

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar a orde de prelación e puntuación definitiva obtidas polas persoas admitidas nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade nas categorías de técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información, técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información e técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información.

Segundo. As listas co número de orde e puntuación definitiva obtidos polas persoas admitidas nas categorías citadas están publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Terceiro. Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte á súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Cuarto. As listas entrarán en vigor con efectos do día 1 de decembro de 2014. Aplicaranse aos chamamentos que se efectúen a partir da dita data as normas de xestión contidas no pacto sobre selección de persoal estatutario temporal aprobado pola Resolución do 26 de abril de 2011 (DOG nº 89, do 9 de maio).

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2014

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos