Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 26 de novembro de 2014 Páx. 48648

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2014 pola que se fai pública a redistribución dos créditos orzamentarios existentes na Orde do 21 de maio de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014.

A Orde do 21 de maio de 2014 ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2014 dos programas de incentivos á contratación por conta allea que teñen por finalidade favorecer o emprego estable a través de diferentes programas (DOG nº 105, do 4 de xullo).

O artigo 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, establece que a alteración da distribución do crédito da orde de convocatoria entre os diferentes créditos orzamentarios non precisa dunha nova convocatoria pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto, e da publicación nos mesmos medios que a orde de convocatoria.

Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes establecido no artigo 5 da orde de convocatoria o pasado 30 de setembro, resulta que na aplicación orzamentaria 11.02.322C 460.0 código de proxecto 2014 00 519 destinada a financiar os contratos de formación e aprendizaxe realizados polos concellos e deputacións provinciais, obsérvase que existe un remanente que convén asignar ás solicitudes presentadas polas entidades sen ánimo de lucro e polas entidades beneficiarias establecidas no artigo 3 da orde co fin de optimizar os recursos dispoñibles para esta convocatoria e cubrir o maior número posible de actuacións, tramitándose a correspondente modificación orzamentaria para a redistribución dos créditos existentes.

Por todo o exposto, e no uso das facultados conferidas

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da redistribución dos créditos orzamentarios da orde de convocatoria, Orde do 21 de maio de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o
ano 2014, nos seguintes termos:

Aplicación orzamentaria

Crédito inicial

Redistribución

Crédito definitivo

11 02 322C 460.0 2014 00 519

400.000 euros

140.000 euros

260.000 euros

11.02.322C 481.0 2014 00 521

20.000 euros

116.000 euros

136.000 euros

11.02.322C 472.3 2014 00 519

3.287.500 euros

24.000 euros

3.311.500 euros

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2014

Carmen Bouso Montero
Directora xeral de Traballo e Economía Social