Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 25 de novembro de 2014 Páx. 48542

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (779/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 779/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Joaquín Antonio Coto Gómez contra Esabe Vigilancia, S.A., Fogasa sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Dedido

1º. Que estimando a demanda formulada por Joaquín Antonio Coto Gómez contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A. condeno a esta a aboarlle a cantidade de 5.709,38 € euros que lle debe.

2º. O Fogasa deberá aterse á presente resolución nos termos do artigo 23.5 último parágrafo e 6, inciso primeiro, da LXS e artigo 33 do ET.

Notifíquese esta resolución. Contra a presente resolución cabe recurso de suplicación nos supostos previstos no artigo 191 LRXS, que deberá ser anunciado ante este xulgado no prazo de cinco días seguintes á notificación da presente resolución na forma prevista no artigo 194 e concordantes da LRXS, e co cumprimento das obrigacións de depósito, consignación ou aseguramento previstas nos artigos 229 e seguintes LRXS.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o maxistrado que a ditou, en audiencia pública no día da data, do que dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Esabe Vigilancia, S.A., en ignorado paradoiro, expido esta para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de novembro de 2014

O secretario xudicial