Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 25 de novembro de 2014 Páx. 48540

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4615/2012).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 4615/2012 desta sección, seguido por instancia de Juan Carlos Casal Presedo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Construcciones J.L. MEJU, S.L. e a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo sobre accidente de grao, se ditou a seguinte resolución:

Que desestimando o recurso de suplicación interposto por Juan Carlos Casal Presedo contra a sentenza do 20.4.2012 ditada polo Xulgado do Social número 3 da Coruña no proceso promovido polo recorrente fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo e a entidade mercantil Construcciones J.L. MEJU, S.L., debemos confirmar e confirmamos a sentenza impugnada.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado perante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida dos catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano do recurso.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións ou concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que así conste para efectos de publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en forma a Construcciones J.L. MEJU, S.L. coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 5 de novembro de 2014

A secretaria xudicial