Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 25 de novembro de 2014 Páx. 48543

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (1315/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 1315/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ascensión Fernández Fernández contra Bergondo Trucks, S.L., Fogasa sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Decido:

1. Que, estimando a demanda formulada por Ascensión Fernández Fernández contra a empresa Bergondo Trucks, S.L., condeno esta a aboarlle a cantidade de 13.963,08 euros, que lle debe en concepto de salarios e demais conceptos.

2. O Fogasa deberá pasar pola presente resolución nos termos do artigo 23.5 último parágrafo e 6 inciso primeiro da Lei reguladora da xurisdición social (LRXS) e artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución. Contra a presente resolución cabe recurso de suplicación nos supostos previstos no artigo 191 da LRXS, que deberá ser anunciado perante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación da presente resolución na forma prevista no artigo 194 e concordantes da LRXS, e co cumprimento das obrigacións de depósito, consignación ou aseguramento previstas nos artigos 229 e seguintes da LRXS.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, o pronuncio, mando e asino.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou en audiencia pública no día da data do que dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Bergondo Trucks, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de novembro de 2014

A secretaria xudicial