Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 25 de novembro de 2014 Páx. 48553

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de auto (ETX 225/2014).

Execución de títulos xudiciais 225/2014

Procedemento orixe: despedimento/cesamentos en xeral 307/2014

Sobre despedimento

Demandante: Clara Ramos Picón

Avogado: Miguel Ángel Nouche Ferreira

Demandada: Servanza, S.L.

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 225/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Clara Ramos Picón, contra a empresa Servanza, S.L., sobre reclamación de cantidade, foi ditado auto no 31 de outubro de 2014 cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Parte dispositiva.

Declaro extinguida na data da presente resolución a relación laboral que unía a Clara Ramos Picón coa empresa Servanza, S.L. e condeno a citada empresa a aboar á demandante 5.148,93 euros en concepto de indemnización.

No caso de non se proceder ao cumprimento da presente resolución, continuará a presente execución como monetaria polo importe total de 5.148,93 euros máis 514,80 euros que se orzan para xuros e custas da execución, sen prexuízo da súa ulterior liquidación.

Notifíquese a presente resolución ás partes e ao Fogasa e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de reposición no prazo de tres días desde a súa notificación.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Servanza, S.L., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2014

A secretaria xudicial