Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 25 de novembro de 2014 Páx. 48552

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 226/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 226/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Cristina Mariño Noya contra a empresa Servanza, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou auto en data 31 de outubro de 2014, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Parte dispositiva.

Declaro extinguida na data da presente resolución a relación laboral que unía a Cristina Mariño Noya coa empresa Servanza, S.L. e condeno a dita empresa a aboarlle á demandante 5.244,60 euros en concepto de indemnización.

No caso de non se proceder ao cumprimento desta resolución, continuará a presente execución como pecuniaria polo importe total de 5.244,60 euros máis 524,46 euros que se orzan para xuros e custas da execución, sen prexuízo da súa ulterior liquidación.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e ao Fogasa facéndolles saber que contra esta poden interpor recurso de reposición no prazo de tres días desde a súa notificación.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza»

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que lle sirva de notificación a Servanza, S.L., expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2014

A secretaria xudicial