Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 25 de novembro de 2014 Páx. 48555

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de decreto (ETX 16/2014).

Execución de títulos xudiciais 16/2014.

Procedemento de orixe: despedimento obxectivo individual 284/2013.

Sobre despedimento.

Demandante: Laura Cereijo Míguez.

Demandados: Limpiezas El Polígono, S.L. e Ancora Hispania, S.L.

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 16/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Laura Cereijo Míguez, contra a empresa Limpiezas El Polígono, S.L. e Ancora Hispania, S.L., sobre reclamación de cantidade, foi ditado decreto no día 4 de novembro de 2014, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva.

Acordo:

– Transferir o sobrante existente na presente execución, que ascende a 76,01 euros, á conta facilitada por Ancora Hispania, S.L.

– Ter por rematado o presente procedemento de execución seguido por instancia de Laura Cereijo Míguez contra Limpiezas El Polígono, S.L. e Ancora Hispania, S.L.

– Levar o orixinal ao libro de decretos, deixando testemuño nas presentes actuacións.

– Arquívese o presente procedemento e déase de baixa nos libros correspondentes.

Notifíquese ás partes e a Limpiezas El Polígono, S.L., por medio de edictos no Diario Oficial de Galicia e fágaselles saber que, en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos e é carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou semellante, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interporse ante quen dita a resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes á notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste xulgado do social número 3 aberta no banco Santander, conta nº 5076 0000 64 0016 14. Se fixer o ingreso mediante transferencia bancaria, deberá ingresar na conta número 000493569920005001274, e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta “5076 0000 64 0016 14”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A secretaria xudicial»

E para que sirva de notificación a Limpiezas El Polígono, S.L., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2014

A secretaria xudicial