Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 25 de novembro de 2014 Páx. 48515

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se declara de interese galego e se ordena a inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Ingada.

Examinado o expediente de declaración de interese galego e inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Ingada, dítase a presente resolución baseada nos feitos e fundamentos de dereito que se expoñen a continuación:

Feitos:

1. Carmen María García Miranda, vogal do padroado da Fundación, formulou unha solicitude de clasificación para os efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A Fundación Ingada foi constituída en escritura pública outorgada na Coruña, o 13 de xaneiro de 2014, ante o notario Isidoro Antonio Calvo Vidal, co número de protocolo 23, por Lorena María Gómez Guerrero, Carmen María García Miranda, Beatriz Losada Martínez, Enrique Vázquez Justo, María Elvira Ferrer Vázquez, Lorenzo Juan Capllonch Casteleiro, Rosa María Triay López e Ángel María Carracedo Álvarez, que actúan no seu propio nome e dereito. Esta escritura foi complementada por outra outorgada en Santiago de Compostela (A Coruña) o 22 de xullo de 2014, ante o notario Carlos de la Torre Deza, co número de protocolo 1.653.

3. Segundo consta no artigo 6 dos seus estatutos, a Fundación ten por obxecto dar asistencia integral a persoas afectadas por TDAH (trastorno por déficit de atención e hiperactividade) e trastornos asociados en Galicia dada a alta prevalencia destas patoloxías na nosa sociedade e as carencias existentes para a súa atención desde todas as áreas necesarias (clínica, educativa, social, familiar e laboral).

4. Na escritura de constitución constan os aspectos relativos á personalidade dos fundadores á súa capacidade e vontade de constituír a Fundación conforme os preceptos da Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego.

5. Nos estatutos da Fundación consta a denominación e natureza, o domicilio, obxecto e finalidade, as regras para a aplicación das rendas aos fins fundacionais e para a determinación dos beneficiarios e a designación do padroado inicial.

6. O padroado inicial da Fundación está formado por Ángel María Carracedo Álvarez como presidente; María Elvira Ferrer Vázquez como vicepresidenta; Enrique Vázquez Justo como secretario e Lorena María Gómez Guerrero, Carmen María García Miranda, Beatriz Losada Martínez e Lorenzo Juan Capllonch Casteleiro como vogais.

7. A Comisión integrada polos secretarios xerais técnicos de todas as consellerías elevou ao vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza a proposta de clasificación como de interese sanitario da Fundación Ingada, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumpríndose os requisitos exixidos na Lei 12/2006, e de conformidade co establecido no artigo 51 do Decreto 14/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de fundacións de interese galego, e o artigo 7 do Decreto 15/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Fundacións de Interese Galego, o protectorado será exercido polo departamento da Xunta que teña atribuídas as competencias correspondentes aos fins fundacionais.

8. De conformidade coa dita proposta, por Orde do vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 1 de outubro de 2014, clasificouse como de interese sanitario a Fundación Ingada e adscribiuse á Consellería de Sanidade para os efectos do exercicio das funcións de protectorado.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral, conforme a lei, e o artigo 27.26 do Estatuto de autonomía para Galicia establece que é competencia exclusiva da Comunidade Autónoma galega o réxime das fundacións de interese galego.

Segundo. De acordo co disposto no artigo 7.2 do Decreto 15/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Fundacións de Interese Galego, en relación co Decreto 41/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Sanidade, corresponde á dita consellería a declaración de interese galego, mediante resolución publicada no Diario Oficial de Galicia, e a inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Ingada, así como o exercicio das funcións de protectorado e as demais que correspondan á Xunta de Galicia, de conformidade co indicado no dito regulamento.

Terceiro. Á vista do que antecede e tendo en consideración o establecido na normativa de aplicación en materia de fundacións de interese galego, e nas demais normas de xeral e pertinente aplicación, en uso das competencias atribuídas polo Decreto 41/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Sanidade,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar de interese galego a Fundación Ingada.

Segundo. Ordenar a súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, sección da Consellería de Sanidade.

Terceiro. Esta fundación queda sometida ao disposto na Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego, e no Decreto 14/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento das fundacións de interese galego, e o Decreto 15/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Fundacións de Interese Galego, así como á demais normativa que resulte de aplicación, onde se establecen especialmente as obrigas de dar publicidade suficiente do seu obxecto e actividades, ausencia de ánimo de lucro na prestación dos seus servizos, así como a presentación anual da documentación contable e plan de actuación ante o protectorado, que será exercido pola Consellería de Sanidade.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, pode interpoñerse recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2014

Josefina Monteagudo Romero
Secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade