Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 25 de novembro de 2014 Páx. 48518

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2014, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a celebración dun curso homologado de nivel básico para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandaría e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán, aos organismos responsables na Comunidade Autónoma a homologación dos ditos cursos e, no seu artigo 9, a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai celebrar.

En consecuencia, anúnciase a celebración dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Consumo e de Agricultura do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, solicitado pola entidade Academia A Mariña, de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso:

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.

2. Entidade organizadora:

Academia A Mariña.

3. Datas:

Os días 12, 13, 19 e 20 de decembro de 2014.

4. Lugar de celebración:

Academia A Mariña

Avenida Arcadio Pardiñas, nº 44, entresollado

27880 Burela (Lugo)

5. Número de prazas:

Máximo de 30 alumnos.

6. Dirixido a:

Todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas.

7. Criterios de selección:

Por rigorosa orde de recepción da solicitude de inscrición.

8. Presentación de solicitudes:

Solicitude segundo modelo anexo.

9. Programa:

Día 12.12.2014

19.00-20.30 horas

Biocidas. Descrición e xeneralidades.

20.30-20.45 horas

Descanso.

20.45-21.15 horas

Biocidas. Descrición e xeneralidades.

21.15-22.00 horas

Riscos para o home derivados da utilización dos praguicidas I.

Día 13.12.2014

9.00-10.30 horas

Riscos para o home derivados da utilización dos praguicidas II.

10.30-11.30 horas

Xeneralidades sobre pragas ambientais e da industria alimentaria e os métodos de loita antivectorial. Técnicas de aplicación dos biocidas.

11.30-11.45 horas

Descanso.

11.45-13.45 horas

Xeneralidades sobre pragas ambientais e da industria alimentaria e os métodos de loita antivectorial. Técnicas de aplicación dos biocidas.

13.45-14.00 horas

Praguicidas e ambiente I. Problemas que presentan I. Destrución de envases I.

14.00-15.00 horas

Descanso.

15.00-16.30 horas

Praguicidas e ambiente II. Problemas que presentan II. Destrución de envases II.

16.30-16.45 horas

Descanso.

16.45-17.15 horas

Praguicidas e ambiente II. Problemas que presentan II. Destrución de envases II.

17.15-18.00 horas

Hixiene e seguridade no seu manexo e aplicación I.

Día 19.12.2014

19.00-20.30 horas

Hixiene e seguridade no seu manexo e aplicación II.

20.30-20.45 horas

Descanso.

20.45-21.45 horas

Hixiene e seguridade no seu manexo e aplicación II.

21.45-22.00 horas

Prácticas e demostración/exemplificación con EPI.

Día 20.12.2014

9.00-11.30 horas

Prácticas e demostración/exemplificación con EPI II.

11.30-11.45 horas

Descanso.

11.45-12.00 horas

Prácticas e demostración/exemplificación con EPI II.

12.00-13.15 horas

Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios no caso de intoxicación por praguicidas. Prácticas.

13.15-14.00 horas

Interpretación de pictogramas e etiquetas I.

14.00-15.00 horas

Descanso.

15.00-16.00 horas

Interpretación de pictogramas e etiquetas II.

16.00-17.00 horas

Realización do exame.

10. Certificado de superación do curso:

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e, en caso de superalas, expedirá o certificado correspondente co cal poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2014

Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO

Ficha de solicitude de inscrición

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico

Entidade organizadora: Academia A Mariña.

Datas: os días 12, 13, 19 e 20 de decembro de 2014.

Lugar de celebración do curso:

Academia A Mariña

Avenida Arcadio Pardiñas, nº 44, entresollado

27880 Burela (Lugo)

Duración: 20 horas teórico/prácticas.

Horario: o 12 e 19 de decembro das 19.00 ás 22.00 horas. O día 13 de decembro das 9.00 ás 14.00 horas e das 15.00 ás 18.00 horas. O día 20 de decembro será das 9.00 ás 14.00 horas e das 15.00 ás 17.00 horas.

Nº de prazas: máximo de 30 alumnos.

Presentación de solicitudes: enviarase a ficha de inscrición a Academia A Mariña, avenida Arcadio Pardiñas, 44, entresollado, 27880 Burela (Lugo) á atención de Ramón Hermida Pumares. Teléfono: 982 58 50 98, fax: 982 57 51 01, correo electrónico: formacion@amarina.org, acompañada de fotocopia do DNI, copia da folla de inscrición e xustificante de ingreso.

Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude xunto co xustificante de pagamento.

Nome e apelidos.....................................................................................................................

Data de nacemento................................................................................................................

NIF/DNI..................................................................................................................................

Enderezo................................................................................................................................

CP............................................................. Localidade............................................................

Teléfono....................................................... Correo electrónico..............................................