Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 21 de novembro de 2014 Páx. 48275

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Corcubión

EDICTO (374/2011).

Procedemento ordinario 374/2011.

Procedemento de orixe: xuízo verbal 374/2011.

Sobre: outros verbal.

Demandante: José Antonio Castreje Nemiña.

Procuradora: Virginia Louro Piñeiro.

Demandados: José Canosa Senlle, José Canosa Pombo, Ramón Canosa Domínguez.

Procurador: Ángel Manuel García Lijo.

No procedemento de referencia ditouse sentenza cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentenza 89/2014

Corcubión, trinta e un de xullo de dous mil catorce

Vistos por min, Iván Barallobre Sánchez, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Corcubión e o seu partido xudicial, os presentes autos do xuízo ordinario seguidos co número 374/2011 sobre acción declarativa de dominio, de deslindamento e reivindicatoria, por instancia de José Antonio Castreje Nemiña (que actuou no seu propio nome e en beneficio da sociedade de gananciais que forma coa súa esposa Alonsina Fernández Trillo), representado pola procuradora Sra. Lauro Piñeiro e defendido polo letrado Sr. Pérez Riveiro, contra José Canosa Senlle, representado polo procurador Sr. García Lijó e defendido polo letrado Sr. Fraga Canosa, e contra José Canosa Pombo e Ramón Canosa Domínguez, ambos os dous en situación procesual de rebeldía, ditouse a seguinte sentenza en nome da súa maxestade o rei.

Decisión:

Que desestimando integramente a demanda interposta por instancia de José Antonio Castreje Nemiña (que actuou no seu propio nome e en beneficio da sociedade de gananciais que forma coa súa esposa Alonsina Fernández Trillo), representado pola procuradora Sra. Louro Piñeiro e defendido polo letrado Sr. Pérez Riveiro, contra José Canosa Senlle, representado polo procurador Sr. García Lijó e defendido polo letrado Sr. Fraga Canosa, contra José Canosa Pombo e Ramón Canosa Domínguez, ambos en situación procesual de rebeldía,

Debo absolver e absolvo os demandados dos pedimentos da demanda, con todos os pronunciamentos favorables e con imposición de custas á parte demandante.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, advertíndoos de que esta non é firme, senón que contra ela cabe interpor recurso de apelación, o cal se preparará por medio de escrito dirixido a este xulgado no prazo de cinco días contados desde o seguinte á súa notificación. A interposición de recurso contra a anterior resolución exixe a constitución do depósito de 50 euros mediante ingreso en efectivo, en calquera sucursal do Banesto, na conta de depósitos e consignacións deste órgano xudicial.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Iván Barallobre Sánchez. Xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Corcubión e o seu partido xudicial (asinado)».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de José Canosa Pombo e Ramón Canosa Domínguez, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Corcubión, 31 de xullo de 2014

O/a secretario/a xudicial