Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 21 de novembro de 2014 Páx. 48273

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (6232/2012).

Tipo e nº de recurso: recurso de suplicación 6232/2012 IP.

Xulgado de orixe/autos: demanda 12/2012 do Xulgado do Social número 5 da Coruña.

Recorrente: Javier Añón Naya.

Avogado: José Raúl Meizoso Sardiña.

Procurada: María Dolores Luisa Villar Pispieiro.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Acerías As Pontes, S.L., Maz, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social número 11.

Avogados: Servizo Xurídico da Seguridade Social (provincial) e Daniel Leyte Domínguez.

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso suplicación 6232/2012 desta sección, seguido por instancia de Javier Añón Naya contra Acerías As Pontes, S.L. sobre accidente de grao, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvemos:

Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual de Javier Añón Naya contra a sentenza do 26 de xuño de 2012, ditada polo Xulgado do Social número 5 da Coruña, en autos 12/2012 seguidos por instancia da parte recorrente contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua Maz e a empresa Acería As Pontes, S.L., sobre accidente de grao, debemos confirmar e confirmamos na súa integridade a resolución impugnada.

Notifíquese a presente resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data da notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións ou concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza, que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Acerías As Pontes, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 31 de outubro de 2014

A secretaria xudicial