Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 19 de novembro de 2014 Páx. 47967

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2014, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se lle dá publicidade á parte dispositiva da Sentenza 805/2011, do 29 de xullo, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72 e 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 29 de xullo de 2011, pronunciou a Sentenza 805/2011, ditada no procedemento ordinario nº 4440/2008, interposto por María Concepción Martínez Fernández, sentenza que na súa parte dispositiva literalmente di:

«Estimamos parcialmente o recurso contencioso-administrativo interposto polo procurador José Lado Fernández, no nome e representación de María Concepción Martínez Fernández, en relación coa Orde do 16 de maio de 2008 sobre aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Vigo, e declaramos que o acto administrativo impugnado non é conforme dereito e anulamos a determinación do plan relativa á cualificación das parcelas da demandante, dispoñendo que o plan deberá cualificar como solo urbano consolidado a superficie comprendida entre a rúa Tomás Alonso e unha liña paralela trazada desde a esquina este do solo urbano consolidado contiguo; sen imposición de custas».

A devandita sentenza foi impugnada en casación ante a Sección Quinta da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que dita sentenza o día 5 de maio de 2014, no recurso de casación 6222/2011, cuxa parte dispositiva literalmente di:

«Non procede o recurso de casación 6222/2011, interposto polo Concello de Vigo e pola entidade Vialpark, S.L. contra a Sentenza da Sección 2ª da Sala do
Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, do 29 de xullo de 2011 (recurso contencioso-administrativo 4440/2008), con imposición das custas deste recurso de casación ás recorrentes, por metade, nos termos sinalados no fundamento cuarto da sentenza.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2014

María Encarnación Rivas Díaz
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo