Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 19 de novembro de 2014 Páx. 47965

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a formalización do contrato relativo ao servizo consistente no desenvolvemento da campaña publicitaria Mediación familiar intraxudicial, mediante procedemento aberto, tramitación ordinaria, contratación documentalmente simplificada e por prezos unitarios.

Para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo de servizos:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número do expediente: 2014-SEME 01-CH.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20656

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: prestación do servizo consistente no desenvolvemento da campaña publicitaria Mediación familiar intraxudicial.

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) CPV: 79341000-6. Servizos de publicidade.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación Diario Oficial de Galicia (DOG).

f) Data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia núm. 110, do 11 de xuño de 2014.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 174.793,39 €.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 174.793,39 €. Importe total: 211.500,00 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 29 de outubro de 2014.

b) Data de formalización do contrato: 31 de outubro de 2014.

c) Contratista: Canal Uno de Comunicación, S.L.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 174.793,39 €; importe total: 211.500,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2014

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza