Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 19 de novembro de 2014 Páx. 47969

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 14 de outubro de 2014, do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, pola que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente PO-00137-O-2014 e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan as resolucións que o xefe territorial ditou nos expedientes sancionadores instruídos por infracción da normativa sobre transporte terrestre, porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Son informados de que contra a dita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada, ante o director xeral de Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, o interesado deberá aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará neste servizo de mobilidade.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o previsto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Pontevedra, 14 de outubro de 2014

José Jorge Martínez Fernández
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

PO-00137-O-2014

3350-GYR

Garda Civil 3603 T20654Z

Urly Tte 2011, S.L.

B70306659

Polígono O Temple, 41

15679 Cambre, A Coruña

O exceso igual ou superior ao 5 por cento e inferior ao 15 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 9 %.

8.11.2013; 8.49; A-52; 295

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

350 euros

PO-00532-O-2014

3350-GYR

Garda Civil 3603 T20654Z

Urly Transnorte 2011, S.L.U.

B70306659

Parroquia de Bergondo, R.30. Nave 2

Polígono de Bergondo

15169 Bergondo, A Coruña

Non levar a bordo dun vehículo alugado o contrato de alugamento ou copia del, ou levalo sen cubrir.

8.11.2013; 8.50; A-52; 295

Art. 142.9 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros

PO-00615-O-2014

6494-HBH

Garda Civil 3601 N04453S

Marfrost Logística, S.L.

B36933216

Gandarón, 79, 1º B

36214 Vigo, Pontevedra

Diminución do descanso diario, en condución en equipo, en máis dunha hora (sobre 9 horas nun período de 30 horas). Atenuante-Igual ou superior a 7 horas e inferior a 8 horas.

9.1.2014; 10:09; AP-9; 137,500

Art. 142.19 LOTT Art. 141.24.4 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

PO-00813-O-2014

2920-CNG

Garda Civil 3601 Y76740V

Electro Hiper Vigo, S.L.

B36746519

Polígono Rebullón, 52

36415 Mos, Pontevedra

O exceso igual ou superior ao 5 por cento e inferior ao 15 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 11 %.

10.2.2014; 8:16; AP-9; 137,5

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

375 euros