Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 18 de novembro de 2014 Páx. 47770

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Lalín

EDICTO (386/2012).

Xuízo verbal 386/2012.

Procedemento orixe: /.

Sobre reclamación de cantidade.

Demandante: Maquinaria Agrícola Pedreira, S.L.

Procuradora: Cristina Alaejos Guinea.

Demandada: Ganadería Blanco, S.A.T.

Ana Hernández Mora, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Lalín, fai saber que en virtude do acordado nos autos de referencia, e de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da L.A.C., por medio deste edicto notifícase a Ganadería Blanco, S.A.T. a sentenza ditada no presente procedemento, cuxo contido para a súa inserción no DOG é o seguinte:

Sentenza.

Lalín, 12 de marzo de 2013.

Vistos e examinados por Carmen Riveiros Santiago, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Lalín, os autos de xuízo verbal nº 386/2012, por instancia da procuradora Sra. Alaejos Guinea, en nome e representación da mercantil Maquinaria Agrícola Pedreira, S.L., defendida pola letrada Sra. Silva López, contra SAT Ganadería Blanco, en situación de rebeldía procesual.

Notifíquese a resolución ás partes en legal forma, advertíndolles que contra ela poderán interpoñer, ante este xulgado, recurso de apelación dentro dos vinte días seguintes ao da súa notificación, que non será admitido a trámite se a parte interesada non acredita que constituíu o depósito requirido pola disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica do poder xudicial, introducida mediante a Lei orgánica 1/2009, do 3 de novembro.

Están exentos de constituír o depósito para recorrer os incluídos no número 5 da disposición citada e os que teñan recoñecido o dereito á asistencia xurídica gratuíta.

Fáganse as anotacións correspondentes no libro de asuntos e lévese ao libro de sentenzas e autos deste xulgado e testemuño aos autos principais.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Lalín, 7 de xaneiro de 2014

A secretaria xudicial