Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 18 de novembro de 2014 Páx. 47769

V. Administración de xustiza

Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra

EDICTO (282/2012).

José Luis Gutiérrez Martín, secretario xudicial do Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra, fai saber que neste xulgado se seguen autos de procedemento de xuízo verbal número 282/2012-C, seguido por instancia de Jomero, S.L., representado pola procuradora María del Amor Angulo Gascón, fronte a José Manuel Martínez Corbacho, en que se ditou sentenza con data do 26 de abril de 2013, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Que estimando integramente a demanda presentada pola representación procesual de Jomero, S.L. fronte a José Manuel Martínez Corbacho, condeno o demandado a aboar á demandante a suma de 3.556,66 euros na forma e co xuro establecidos no fundamento xurídico cuarto desta resolución.

Con expresa imposición das custas deste procedemento á parte demandada.

A presente resolución non é firme e contra ela cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que se deberá interpor directamente neste xulgado no prazo de 20 días desde a súa notificación, logo de acreditación do depósito da cantidade de 50 euros na conta de depósitos e consignacións deste mesmo xulgado, domiciliada na entidade Banesto.

Notifíquese ás partes.

Así o acordo, mando e asino».

E ao estar o demandado, José Manuel Martínez Corbacho, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 14 de xuño de 2014

O secretario xudicial