Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 17 de novembro de 2014 Páx. 47655

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 29 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se dá publicidade á Resolución do 6 de outubro de 2014, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, pola que se modifica o acordo de concentración parcelaria de Cerqueda (Malpica-A Coruña).

O 6 de outubro de 2014 o director xeral de Desenvolvemento Rural ditou a Resolución de modificación do acordo de concentración parcelaria da zona de Cerqueda (Malpica-A Coruña) que se transcribe a seguir:

«O acordo de concentración parcelaria da zona de Cerqueda (Malpica-A Coruña) foi aprobado pola Dirección Xeral de Estruturas e Infraestruturas Agrarias con data do 20 de setembro de 2007 e publicado na forma legalmente establecida, atopándose na actualidade pendente de firmeza.

Con posterioridade a estes actos, o Concello de Malpica de Bergantiños solicitou a cesión da titularidade dos predios, e para os fins, que se indican:

– Predio 34: conservar patrimonio (río Lavar).

– Predio 91: área de ocio.

– Predio 170: conservar patrimonio (ten un cruceiro).

– Predio 287: parque.

– Predio 297: área de ocio.

– Predio 321: área de ocio.

– Predio 343: depósito de madeira-xestión forestal.

– Predio 359: conservar patrimonio (ten un cruceiro).

– Predio 384: conservar poza de recolla de auga.

– Predio 387: equipamento (depuradora).

– Predio 466: conservar fonte/río.

– Predio 558: parque.

– Predio 598: ampliación do cemiterio.

– Predio 937: depósito de auga.

– Predio 1092: sobrelargo vía.

– Predio 1102: poza de rega.

– Predio 1156: aparcadoiro para o castro da Croa.

– Predio 1180: equipamento (depuradora).

– Predio 1195: área de ocio Ardeleiro.

– Predio 1230: área de ocio Loroxo.

– Predio 1255: poza de rega.

– Predio 1260: equipamento (depuradora).

– Predio 1304: protexer o contorno do castro da Croa.

– Predio 1306: protexer o contorno do castro da Croa.

– Predio 1316: poñer en valor o castro da Croa.

– Predio 1330: apertura de nova vía para incluír no PXOM.

– Predio 1334-2: apertura de nova vía para incluír no PXOM.

– Predio 1606: área de ocio.

– Predio 1674: dotación casa da cultura.

– Predio 1679: lavadoiro.

Vista a proposta da xunta local da zona, a Lei de reforma e desenvolvemento agrario, do 12 de xaneiro de 1973; a Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro; a Lei 6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras; a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común na súa redacción segundo a Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e demais disposicións vixentes de aplicación ao caso.

Á vista de que os destinos para que se solicitan os referidos predios son perfectamente subsumibles no suposto recollido no artigo 32 da antedita lei galega, esta dirección xeral resolve:

1) Modificar o acordo de concentración parcelaria da zona de Cerqueda (Malpica-A Coruña), e adxudicar ao Concello de Malpica de Bergantiños a titularidade dos predios 34, 91, 170, 287, 297, 321, 343, 359, 384, 387, 466, 558, 598, 937, 1092, 1102, 1156, 1180, 1195, 1230, 1255, 1260, 1304, 1306, 1316, 1330, 1334-2, 1606, 1674 e 1679 –que causan baixa no fondo de terras da zona– para seren destinados aos fins que se recollen na parte expositiva da presente resolución.

2) Transcorridos cinco anos desde a cesión das titularidades sen que os predios fosen destinados aos fins para que son adxudicados, a titularidade dos referidos predios reverterá ao fondo de terras da zona, ao patrimonio da Comunidade Autónoma, á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) ou a outra entidade que corresponda, segundo o caso.

3) Ordenar que á presente resolución se lle dea a oportuna publicidade, sen prexuízo da súa notificación ao Concello de Malpica de Bergantiños.

Contra a presente resolución os interesados poderán interpor recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural e do Mar, dentro do prazo dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación desta resolución».

A Coruña, 29 de outubro de 2014

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña