Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 17 de novembro de 2014 Páx. 47658

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 29 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se dá publicidade á Resolución do 6 de outubro de 2014, de corrección de erros na Resolución do 26 de maio de 2014, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, de modificación do acordo de concentración parcelaria de Touro-Quión.

O 6 de outubro de 2014 o director xeral de Desenvolvemento Rural ditou resolución de corrección de erros da Resolución do 26 de maio de 2014, de modificación do acordo de concentración parcelaria da zona de Touro-Quión (Touro-A Coruña) que se transcribe a seguir:

«En relación coa resolución ditada por esta Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, do 26 de maio de 2014, relativa á adxudicación de predios da masa común na zona de concentración parcelaria de Touro-Quión (Touro-A Coruña), advertíronse os erros que deseguido se sinalan:

Vistos o artigo 105 p2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións publicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, o artigo 39 da Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro, e demais disposicións legais de aplicación ao caso,

Esta dirección xeral, ao amparo da lexislación vixente,

ACORDA:

1. Emendar os erros advertidos na antedita resolución e facer as seguintes correccións:

Primeira. Na parte expositiva:

Onde di: “Predio nº 382 para depósito de madeira e maquinaria contra incendios.”, debe dicir: “Predio nº 382-2 para depósito de madeira e maquinaria contra incendios.”.

Onde di: “Á vista de que os destinos para os que se solicitan os predios nº 70, 138-2, 163, 255, 297, 350, 382,...”, debe dicir: “Á vista de que os destinos para os que se solicitan os predios nº 70, 138-2, 163, 255, 297, 350, 382-2,...”.

Segunda. Na parte dispositiva:

Onde di: “Modificar o acordo de concentración parcelaria da zona de Touro-Quión (Touro-A Coruña), e adxudicar ao Concello de Touro a titularidade dos predios nº 70, 138-2, 163, 255, 297, 350, 382,...», debe dicir: “Modificar o acordo de concentración parcelaria da zona de Touro-Quión (Touro-A Coruña), e adxudicar ao Concello de Touro a titularidade dos predios nº 70, 138-2, 163, 255, 297, 350, 382-2,...”.

2. Ordenar que á presente resolución se lle dea a oportuna publicidade, sen prexuízo da súa notificación ao Concello de Touro».

A Coruña, 29 de outubro de 2014

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña