Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 14 de novembro de 2014 Páx. 47489

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (81/2013 CG).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 81/2013.

Xulgado de orixe/autos: demanda 595/2009 Xulgado do Social número 1 de Vigo.

Recorrente: Mutual Midat Cyclops.

Avogado: José Luís Feijoo Borrego.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Rocas de Porriño, S.L., Rocas y Cantería Ornamental, S.L., administración concursal Rocas de Porriño, S.L., José Carlos Alonso Alonso, Sergio Miguel de Brito Fagundes, José Luis González Alen.

Avogados: Servizo Xurídico Seguridade Social (Provincial), Servizo Xurídico Seguridade Social (Provincial), (…), (…), José Luis González Cuenca, Patricia Rodríguez Mariño.

Edicto.

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 81/2013 desta sección, en que o recorrente é Mutual Midat Cyclops e recorridos o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Rocas de Porriño, S.L., Rocas e Cantería Ornamental, S.L., administración concursal Rocas de Porriño, S.L., José Carlos Alonso Alonso, Sergio Miguel de Brito Fagundes, José Luis González Alen, sobre incidentes de execución, ditouse no día da data sentenza que copiada nos particulares necesarios di:

«Decidimos que debemos declarar e declaramos non admisible a trámite o recurso de suplicación interposto polo letrado José Luís Feijoo Borrego, na representación que ten acreditada da Mutua de Accidentes de Trabajo Mutual Midat Cyclops, contra o Decreto do secretario de data 19 de outubro de 2012, ditado en execución de sentenza seguida por instancia da recorrente contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, declaramos a nulidade das actuacións a partir do momento inmediatamente anterior ao ditado da dilixencia de ordenación do secretario, de data 3 de maio de 2011, e ordenamos repoñer as actuacións ao dito momento procesual para que o xuíz a quo resolva, mediante auto, sobre se procede ou non despachar a execución solicitada.

Notifíqueselles eta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

A interposición de recurso de casación na orde social exixe o ingreso dunha taxa no Tesouro Público. Os termos, condicións e contía deste ingreso son os que establece a Lei 10/2012, do 20 de novembro, nos artigos 3 (suxeito pasivo da taxa), 4 (exencións á taxa), 5 (devindicación da taxa), 6 (base impoñible da taxa), 7 (determinación da cota tributaria), 8 (autoliquidación e pagamento) e 10 (bonificacións derivadas da utilización de medios telemáticos). Esta lei ten desenvolvemento regulamentario na Orde HAP/2662/2012, do 13 de decembro».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG, co fin de que sirva de notificación en forma a Rocas de Porriño, S.L. e Rocas e Cantería Ornamental, S.L., actualmente en ignorado paradoiro, con último domicilio coñecido na estrada de Salceda, quilómetro 0.5, Atios, O Porriño (Pontevedra), coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 21 de outubro de 2014

A secretaria xudicial