Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 14 de novembro de 2014 Páx. 47487

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (850/2011).

Tipo e nº de recurso: recurso de suplicación 850/2011 IP.

Xulgado de orixe/autos: demanda 1028/2009 Xulgado do Social número 3 de Pontevedra.

Recurrente: Alfonso García López, S.A. (Conservas Pescamar).

Avogado: Emilio Carrajo Lorenzo.

Recurridos: Fogasa, Manuel Gago Caeiro, Conservas Dalcaue, S.A.

Avogado: Eduardo José Ferreiro Pérez.

Eu, María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 850/2011 desta sección, seguido por instancia de Alfonso García López, S.A. (Conservas Pescamar) contra o Fogasa, Manuel Gago Caeiro, Conservas Dalcaue, S.A. sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución:

«A sala acorda declarar a inadmisión do recurso de casación para a unificación de doutrina interposto polo letrado Emilio Carrajo Lorenzo, en nome e representación de Alfonso García López, S.A. (Conservas Pescamar), contra a sentenza ditada pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 27 de setembro de 2013, no recurso de suplicación número 850/2011, interposto por Alfonso García López, S.A., fronte á sentenza ditada polo Xulgado do Social número 3 de Pontevedra con data do 17 de novembro de 2010, no procedemento número 1028/2009, seguido por instancia de Manuel Gago Caeiro contra Conservas Pescamar, Alfonso García López, S.A. e Conservas Dalcaue, S.A. con intervención do Fogasa, sobre cantidade.

Declárase a firmeza da sentenza impugnada, con imposición de custas á parte recorrente.

Contra este auto non cabe ningún recurso.

Devólvanse os autos de instancia e a peza de suplicación á Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de procedencia, con certificación desta resolución e comunicación.

Así o acordamos, mandamos e asinamos».

E para que sirva de notificación en legal forma a Conservas Dalcaue, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de outubro de 2014

A secretaria xudicial