Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 14 de novembro de 2014 Páx. 47530

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 27 de outubro de 2014, da Dirección Xeral de Comercio, do Acordo do 10 de outubro de 2014 de disolución da Xunta Electoral da Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Ferrol.

Por petición da Comisión Xestora da Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Ferrol, a Dirección Xeral de Comercio, como órgano tutelante da dita cámara, dispón, coa finalidade de darlle unha maior publicidade, publicar o acordo acadado pola Xunta Electoral o 10 de outubro de 2014, que a continuación se transcribe:

«Proceder á disolución da Xunta Electoral para as eleccións á Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Ferrol xa que, de acordo coa certificación do secretario xeral da Cámara, ao non terse presentado ningunha candidatura e non poder realizarse eleccións, non é necesario cumprir o prazo sinalado no artigo 23 do Decreto 431/2009, do 19 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de réxime electoral das cámaras oficiais de comercio, industria e navegación de Galicia.

Contra o presente acordo poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular do órgano tutelar, nos termos previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, e segundo o disposto no artigo 22 do Decreto 431/2009, do 19 de novembro».

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2014

Sol María Vázquez Abeal
Directora xeral de Comercio