Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 14 de novembro de 2014 Páx. 47529

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 3 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a Capital Quatro División Noroeste, S.L. a resolución ditada no expediente de reclamación eléctrica presentada por Aurelio de Abreu Pérez, como presidente da Comunidade de Propietarios da Edificación número 26 da rúa Antonio Tobar, no concello de Arbo (expediente IN635A 2014/139-4).

O xefe territorial da Consellería de Economía e Industria en Pontevedra ditou resolución estimatoria na reclamación eléctrica presentada por Aurelio de Abreu Pérez, en nome da Comunidade de Propietarios da Edificación núm. 26 da rúa Antonio Tobar, no concello de Arbo, contra a promotora do edificio, Capital Quatro División Noroeste, S.L. e contra Unión Fenosa Distribución, S.A., con motivo da dotación da subministración eléctrica definitiva ao edificio, que actualmente conta con subministración de obra, e a formalización de contratos definitivos individualizados dos propietarios da citada comunidade, ante a falta dun convenio de cesión do centro de transformación por parte da mercantil á empresa Unión Fenosa Distribución, S.A. (expediente IN635A 2014/139-4).

Intentada a notificación da resolución a Capital Quatro División Noroeste, S.L. por ser parte interesada no expediente de reclamación, de conformidade co disposto no artigo 59.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e ao non ser posible a súa práctica por ser descoñecido no domicilio que consta neste departamento, rúa Esperanza, núm. 26, no concello de Ponteareas, notifícaselle a resolución por medio desta cédula para que poida ter coñecemento dela, segundo o disposto no artigo 59.5 da referida lei.

Advírteselle ao interesado que, en cumprimento do artigo 114 e seguintes da Lei 30/1992, xa citada, poderá interpor contra a resolución ditada, que non esgota a vía administrativa, recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes desde a publicación desta cédula, sen prexuízo de interpor calquera outro recurso que se considere oportuno.

Así mesmo, terá dereito a consultar o expediente nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na avenida Fernández Ladreda, 43, Pontevedra.

Pontevedra, 3 de novembro de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra