Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 14 de novembro de 2014 Páx. 47527

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Narón (expediente IN407A 2013/54).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Francisco Mata, S.A.

Domicilio social: San Pedro de Visma, 54 e 56, 15011 A Coruña.

Denominación: LMTS, CS e CT de 800 kVA para industria de reciclaxe de chatarra.

Situación: parcelas X1, X2 e X3, sector IV, actividade industrial Río do Pozo, Narón.

Características técnicas: CS composto por 2 celas de liña, 1 de protección, cela de protección xeral e cela de medida. LMTS soterrada de 120 m, illamento etileno-propileno DHV12/20 kV, 3(1×240) mm2 Al. CT tipo intemperie, en caseta prefabricada de formigón, formado por 2 trafos Siemens, modelo Geafol de 800 kVA, illamento resina Epoxi/cuarzo, conexión DYN11, refrixeración AN, tensión illamento: 24 kV, tensión primario: 15-20 kV, tensión secundario: 420 kV.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

A Coruña, 22 de outubro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña