Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 14 de novembro de 2014 Páx. 47505

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a trámite de información pública a modificación do couto de pesca de Parga no río Parga.

Antecedentes:

Por proposta do Servizo de Conservación da Natureza, a Xefatura Territorial de Lugo resolve someter ao trámite de información pública a modificación do couto de Parga, concello de Guitiriz, no río Parga, coas seguintes características:

Couto de pesca de Parga:

Río: Parga.

Concello: Guitiriz.

Límite superior río Ladroil: ponte de Moeiro (592.177/4.779.486).

Límite superior río Parga/Román: ponte de Román (594.202/4.777.1.77).

Límite inferior río Parga: ponte de Santo Alberto (598.204/4.780.866).

Lonxitude: 11,3 km.

Categoría: 3ª troita tramo xeral e de 4ª para o tramo de pesca sen morte.

Resolución:

De acordo co disposto no artigo 15.3 do Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, sométese a información pública durante un prazo de vinte (20) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, durante os cales poderán formular as alegacións que vexan oportunas, á proposta do Servizo de Conservación da Natureza para a modificación do couto de Parga.

O expediente está á disposición de todos aqueles que puideren ter interese nel, na Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Servizo de Conservación da Natureza, na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2º (27071 Lugo), ou na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas:
http://www.cmati.xunta.es/ na epígrafe de pesca fluvial (proposta de plan de xestión da pesca fluvial para o couto do río Parga).

Lugo, 24 de outubro de 2014

Carlos Vila Pérez
Xefe territorial de Lugo