Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 14 de novembro de 2014 Páx. 47503

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifican as resolucións dos expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos AC-EP 158/2014 e AC-EP 198/2014.

Intentada a notificación aos titulares dos establecementos que se indican a continuación sen que se puidesen practicar, resolvo notificar por este medio, ao abeiro do artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, que se ditou resolución nos expedientes sancionadores que se relacionan no anexo, por infraccións da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá.

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada, perante o vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

Advírtase que, de non ser interposto este en tempo e forma, terá que aboar a multa imposta nos períodos de pagamento voluntario sinalados no boletín de multas e sancións que serán facilitados no Servizo de Administración Local e Interior desta xefatura territorial sito no Edificio Administrativo Monelos; rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña.

As débedas non satisfeitas nos períodos citados no punto anterior exixiranse en vía de constrinximento.

A Coruña, 3 de novembro de 2014

P.S.
Mª Camino Triguero Salas
Secretaria territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente

Denunciado

Enderezo

Establecemento

Precepto infrinxido

Precepto sancionador

Resolución

AC-EP 158/2014

José Antonio Bellas Fernández

Rúa Marqués de Figueroa, 24

15007 A Coruña

A Cova de Morgan

26 e) da LO 1/1992

28 da LO 1/1992

90,00 €

AC-EP 198/2014

Rubén Centeno Paradela

Rúa San Vicente de Pául, 11, baixo

15002 A Coruña

¡14!

26 e) da LO 1/1992

28 da LO 1/1992

150,00 €