Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 14 de novembro de 2014 Páx. 47507

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 31 de outubro de 2014, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada e o estudo de impacto ambiental para unha planta de metalización de pezas plásticas que se localizará no polígono industrial da Reigosa, no concello de Ponte Caldelas (Pontevedra), promovida por Aludec-Saxonia, S.A. (clave do expediente 2014-IPPC-I-86).

Para os efectos previstos na Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE nº 157, do 2 de xullo) e na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE nº 296, do 11 de decembro), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a seguinte documentación:

– «Proxecto básico e estudo de impacto ambiental para a solicitude da autorización ambiental integrada das instalacións de Aludec-Saxonia, S.A. situadas en Ponte Caldelas (Pontevedra). Ref. informe: PV14019806/5002/36/002», co fin de que calquera interesado poida consultala e, se é o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.

O citado documento estará á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, na Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental-Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (r/ San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Ademais, poderá consultarse na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (http://www.cmati.xunta.es/ >>medio ambiente e sostibilidade >> prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada >>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2014

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO
Memoria resumo

Clave do expediente: 2014-IPPC-I-86.

Peticionaria: Aludec-Saxonia, S.A.

Domicilio social: rúa Monte Louredo, nº 15, parque empresarial do Campiño. Localización da instalación: polígono industrial da Reigosa, parcela 3.

Actividade: metalización de pezas plásticas de decoración para o automóbil.

Descrición: o proceso iníciase coa carga manual das pezas plásticas en bastidores deseñados para o efecto. A seguir, estas pasan por unha serie de tratamentos químicos e electrolíticos, totalmente automatizados, que teñen por obxecto dotalas dunha superficie condutora (fase química) e a posterior deposición de varias camadas uniformes de metais (cobre e níquel) de diferentes espesores (fase electrolítica).