Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 13 de novembro de 2014 Páx. 47256

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 5715/2012-RF).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 5715/2012-RF.

Xulgado de orixe/autos: demanda 1086/2011. Xulgado do Social número 3 de Vigo.

Recorrente: María Carmen Monzón Casales.

Graduada social: Ana Belén Durán Fernández.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Siotetemp ETT, S.L., mutua Fremap.

Avogados: Servizo Xurídico da Seguridade Social (provincial), María Araceli Martínez Araújo.

Eu, María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 5715/2012-RF desta sección, seguido por instancia de María Carmen Monzón Casales contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Siotetemp ETT, S.L., mutua Fremap, sobre accidente de grao, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvemos que desestimando o recurso de suplicación interposto pola graduada social Ana Belén Durán Fernández, actuando en nome e representación de María del Carmen Monzón Casales contra a sentenza do 6 de xuño de 2012, ditada polo Xulgado do Social número 3 dos de Vigo, en autos número 1086/2011 seguidos por instancia da recorrente contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a mutua Fremap e a empresa Siotetemp ETT, S.L. sobre accidente de grao, debemos confirmar e confirmamos na súa integridade a resolución impugnada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 35, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 no canto do 35, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións ou Concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez que sexa firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, en diante, se efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

Para que así conste para efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en forma a Siotetemp ETT, S.L., con último domicilio coñecido en Ribeira do Berbés, 35-1º, 36202 Vigo, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que sexan auto ou sentenza, ou de se tratar de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 22 de outubro de 2014

La secretaria xudicial