Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 13 de novembro de 2014 Páx. 47254

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de sentenza (RSU 3755/2012 MRA).

Tipo e nº de recurso:recurso de suplicación 3755/2012 MRA.

Xulgado de orixe/autos: demanda 920/2011. Xulgado do Social número 3 de Vigo.

Recorrente: Jesús Miranda Cabral.

Avogado: Guillermo Barros Arias-Castro.

Procurador: Javier Garaizábal García de los Reyes.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Limpiezas Vigolar, S.L., Mutua Universal Mugenat.

Avogados: Servizo Xurídico da Seguridade Social (provincial), Carlota Peláez Sabell.

Eu, Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3755/2012 desta sección, seguido por instancia de Jesús Miranda Cabral contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Limpiezas Vigolar, S.L., Mutua Universal Mugenat, sobre accidente de grao, foi pronunciada a seguinte resolución:

«Decidimos:

Desestimar o recurso de suplicación interposto pola representación procesual de Jesús Miranda Cabral contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 3 de Vigo do 27 de marzo de 2012, en proceso sobre incapacidade permanente, promovido polo recorrente contra o INSS, TXSS, Mutua Universal-Mugenat e Limpiezas Vigolar, S.L., e confirmar a sentenza impugnada.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do prazo improrrogable de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 35, seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se houber cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo de observacións ou concepto da transferencia os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así o pronunciamos, mandamos e estimamos por esta a nosa sentenza.

Advírtese á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións nas dependencias do xulgado, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co establecido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Limpiezas Vigolar, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán nas dependencias do xulgado, salvo as que sexan auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 7 de outubro de 2014