Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 13 de novembro de 2014 Páx. 47262

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de poxa (ETX 90/2011).

Neste Xulgado do Social número 3 tramítase execución de títulos xudiciais 90/2011, por instancia de Mónica Sesar Segade, Rosa María Ferro Ventosa, Jesús Javier Cobos Otero, Miguel Ángel Ríos Iglesias, Alejandro Rodríguez Vázquez e Pascual Cabaleiro Fontenla contra Copy Estudio, S.L., no cal, por resolución desta data, se acordou sacar a poxa pública os lotes de bens que máis abaixo se dirán, e sinálase para que teña lugar no próximo día 16.12.2014 ás 13.00 horas, na planta 2ª do Edificio dos Xulgados, sita na rúa Berlín, s/n, polígono das Fontiñas, desta cidade de Santiago de Compostela. A poxa rexerase polas seguintes condicións:

Primeiro. Os licitadores, a excepción do executante, para tomaren parte na poxa deberán presentar comprobante de ter depositado, na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, referencia número 5076-0000-64-0090-11 no banco Santander, o 5 %, do valor de cada un dos lotes dos bens mobles para efectos de poxa, cantidades que se devolverán, unha vez aprobado o remate, a aqueles que participen na poxa, excepto ao mellor ofertante, salvo que soliciten o seu mantemento á disposición do xulgado para o caso de que o rematante non consigne o resto do prezo, debendo consignar, así mesmo, no dito comprobante se recibiu en todo ou en parte cantidades dun terceiro.

Segundo. Poderán facerse ofertas por escrito en sobre pechado, desde o anuncio da poxa ata a súa celebración facendo o depósito a que se fixo mención anteriormente. Os seus sobres serán abertos ao comezo da poxa e producirán os mesmos efectos que as que se realicen oralmente.

Terceiro. O executante só poderá tomar parte na poxa cando existan licitadores, podendo mellorar as posturas que se fixeren, sen necesidade de consignar cantidade ningunha.

Cuarto. Poderán facerse ofertas ao 50 % do valor do moble para efectos de poxa, pero ofrecendo pagar a prazos con garantías suficientes, bancarias ou hipotecarias, do prezo do remate.

Quinto. Para o caso de que se fagan ofertas que non superen o 30 % do valor de taxación ou que non cubran, polo menos, a cantidade por que se despachou execución, incluíndo a previsión para xuros e custas, resolverase sobre a aprobación do remate á vista das circunstancias do caso.

Sexto. Unicamente o executante ou os responsables legais solidarios ou subsidiarios poderán concorrer reservando para eles a facultade de ceder o remate a un terceiro, podendo tomar parte na poxa, só cando existan licitadores, mellorando as posturas que se fixeren.

Sétimo. No caso de que a poxa quede deserta, só o executante ou, na súa falta, os responsables legais solidarios ou subsidiarios, terán o dereito para adxudicarse o ben polo 30 por cento da súa taxación.

Oitavo. O presente edicto está exposto no taboleiro de anuncios deste xulgado, publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG) e no portal de poxas xudiciais e electrónicas existentes e dependente do Ministerio de Xustiza.

O presente edicto servirá, ademais de para os efectos de publicación, de notificación e citación para todos os efectos ás partes.

Lotes de bens que se sacan a poxa e valor:

Lote 1: maquinaria, valorada en 8.730,00 euros.

Lote 2: bens variados de papelaría, valorada en 1.512,00 euros.

A relación pormenorizada dos bens co valor de cada un dos bens que compoñen os lotes indicados atópase á disposición dos interesados na oficina xudicial, así como no portal de poxas xudiciais e electrónicas existente e dependente do Ministerio de Xustiza.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2014

A secretaria xudicial