Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 13 de novembro de 2014 Páx. 47261

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (172/2014).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos non xudiciais 172/2014 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Roberto Carlos Gómez Vilares contra a empresa Manuel Sánchez Montaña, sobre ordinario, se ditou Decreto 680/2014, do 9 de outubro, declarado firme no día de hoxe, polo que se declarou a insolvencia total, que se entenderá para todos os efectos como provisional, do executado Manuel Sánchez Montaña (DNI 76317678K) pola suma de 3.300 euros en concepto de principal, máis outros 330 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, o que se fai público para os efectos previdos no artigo 276.5 da Lei reguladora da xurisdición social.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2014

A secretaria xudicial