Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 13 de novembro de 2014 Páx. 47259

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (398/2014).

Eu, Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 398/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel García Varela contra Rasgos Digital, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución.

«Resolvo:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Manuel García Varela contra a empresa Rasgos Digital, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento, con condena da empresa indicada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento ou ben, á elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo isto con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a data da notificación da presente sentenza.

A dita opción deberase exercer en cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito prazo sen que se optase, entenderase que procede á readmisión.

2º. A indemnización e os salarios de tramitación que deberá aboar a empresa demandada son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela, 15.614,04 euros.

– En concepto de salarios de trámite para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación desta sentenza calculados a razón de 62,77 euros/día, e que ata a data da presente sentenza ascenden a 11.738,86 euros.

3º. O Fogasa deberá aterse a esta resolución nos termos do artigo 23.5, último parágrafo, e 6, inciso primeiro, da Lei reguladora da xurisdición social (LRXS) e o artigo 33 do Estatuto dos traballadores (ET).

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación nos supostos previstos no artigo 191 da Lei reguladora da xurisdición social (LRXS), que deberá ser anunciado ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación da presente resolución na forma prevista no artigo 194 e concordantes da LRXS, e co cumprimento das obrigas de depósito, consignación ou aseguramento previstas nos artigo 229 e seguintes da LRXS.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado que a ditou, cando celebraba audiencia pública no día da data. Do que dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Rasgos Digital, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou do edicto no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de outubro de 2014

O secretario xudicial