Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 13 de novembro de 2014 Páx. 47308

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 21 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador RL 2012/0107-4 incoado por infracción administrativa na orde social.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por esta cédula notifícaselle á empresa que se relaciona a resolución recaída no expediente sancionador correspondente.

Dispón dun prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, para examinar a resolución nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Traballo e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Expediente: RL 2012/0107-4.

Acta: I362012000036879.

Empresa: Rayman Naval, S.L.

DNI/NIF: B-36570703.

Enderezo: A Igrexa, 2 Amoedo; Pazos de Borbén.

Materia: seguridade e saúde.

Preceptos infrinxidos: artigo 14 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, en relación co artigo 3, número 6 do punto 1 do anexo I e número 3.4 do punto 4 do anexo II do Real decreto 1215/1997, do 18 de xullo, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde para a utilización polos traballadores dos equipamentos de traballo.

Preceptos sancionadores: artigos 12.16.b), 39.6 e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 14.10.2014.

Resolución: deixar sen efecto a acta de infracción e proceder ao arquivamento do expediente.

Fáiselles saber aos interesados que poden formular recurso de alzada, perante a directora xeral de Traballo e Economía Social, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Vigo, 21 de outubro de 2014

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo