Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 13 de novembro de 2014 Páx. 47305

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se anuncia a licitación do contrato, mediante procedemento aberto e tramitación urxente e anticipada de gasto para a subministración de produtos de alimentación básica adaptada para o Complexo Residencial de Atención a Persoas Dependentes (CRAPD) de Vigo.

A Xefatura Territorial de Vigo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar a licitación do contrato de subministración de produtos de alimentación básica adaptada para o Complexo Residencial de Atención a Persoas Dependentes (CRAPD) de Vigo.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Xestión Económica.

2) Enderezo: rúa Concepción Arenal, nº 8, 2º andar.

3) Código postal e localidade: 36201 Vigo.

4) Teléfonos: 986 81 77 25, 986 81 76 47. Fax: 986 81 76 83.

5) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/

6) Data límite de obtención de documentación e información: desde a publicación deste anuncio ata a finalización do prazo de presentación de propostas.

d) Número de expediente: 90/2014.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración de alimentación básica adaptada para o Complexo Residencial de Atención a Persoas Dependentes (CRAPD) de Vigo.

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) Lugar de execución/entrega: Residencia Vigo-1, rúa Monte Arieiro, s/n, 36214 Vigo; Residencia Vigo-2, estrada Madrid-Ourense, s/n (Meixoeiro) 36214 Vigo.

e) Prazo de execución/entrega: dous anos (2015 e 2016).

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV: 15880000.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: urxente e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas.

4. Orzamento base de licitación: importe neto: 187.669,98 € (IVE 10 %: 18.767,00 €); importe total: 206.436,98 €.

5. Garantías exixidas. Provisional: non. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación sen IVE.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: artigos 75.1.a) e 77.1.a) do texto refundido da Lei de contratos do sector público (TRLCSP), aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, sinalados no prego de cláusulas administrativas, folla de especificacións, letras E e F.

b) Outros requisitos específicos: non.

7. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: oito días naturais, contados a partir do día seguinte ao de publicación desta resolución.

b) Modalidade de presentación: sobres selados segundo o exixido no prego.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo, rúa Concepción Arenal, nº 8, 36201 Vigo (Pontevedra), de luns a venres, das 9.00 ás 19.00 horas e sábados, das 9.00 a 14.00 horas. As propostas poderán enviarse por correo dentro do prazo de admisión indicado, xustificando a data e hora de imposición do envío, e anunciándoo á Xefatura Territorial de Vigo, mediante fax ou telegrama, no mesmo día e nun só envío. Se a documentación for presentada en calquera rexistro diferente ao sinalado, a proposta non será admitida a licitación.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses, contados desde a apertura das ofertas económicas.

8. Apertura de ofertas: terá lugar en acto público, nunha das salas de xuntas da Xefatura Territorial de Vigo, á hora e data que será anunciada con tres días hábiles de antelación, no perfil do contratista.

a) Enderezo: rúa Concepción Arenal, nº 8, 2º andar, 36201 Vigo.

9. Gastos de publicidade: serán por conta dos adxudicatarios (aprox. 10,82 € por liña).

Vigo, 31 de outubro de 2014

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo