Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 13 de novembro de 2014 Páx. 47310

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 22 de outubro de 2014, da Dirección Xeral de Emprego e Formación, pola que se notifican os acordos de iniciación dos expedientes de reintegro das subvencións concedidas nos expedientes TR352B 2009/68-0 e TR352B 2010/344-0.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, pola presente cédula notifícanselle á entidade relacionada no anexo os acordos de iniciación dos expedientes de reintegro das subvencións concedidas mediante resolución do director xeral de Promoción do Emprego do 7 de agosto de 2009 e 9 de agosto de 2010.

Faise saber que o interesado disporá dun prazo de 15 días para que alegue ou presente os documentos que considere pertinentes, de acordo co disposto no artigo 77 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Recórdaselles tamén o seu dereito a consultar os expedientes, depositados nas dependencias desta dirección xeral, sita no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n en Santiago de Compostela, e a obter, se é o caso, copia das resolucións, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da mencionada Lei 30/1992.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2014

Ana María Díaz López
Directora xeral de Emprego e Formación

ANEXO

Entidade: Fundación Ferrol Metrópoli.

Enderezo: Recinto Ferial Punta Arnela. Ed. Usos múltiples, 15591 Ferrol (A Coruña).

Nº de expediente: TR352B 2009/68-0.

Data do acordo de iniciación do expediente de reintegro: 12 de setembro de 2014.

Preceptos incumpridos: artigo 7.2 a) da Orde do 29 de decembro de 2008, pola que se establecen as bases que regulan, para o exercicio do ano 2009, as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración cos órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro e se procede á súa convocatoria (DOG nº 7, do 12.1.2009); artigo 33.1.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cantidade que hai que reintegrar: 803,91 €.

Nº de expediente: TR352B 2010/344-0.

Data do acordo de iniciación do expediente de reintegro: 15 de setembro de 2014.

Preceptos incumpridos: artigo 9.2 da Orde do 10 de marzo de 2010, pola que se establecen as bases que regulan, para o exercicio do ano 2010, as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración cos órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro e se procede á convocatoria para o ano 2010 (DOG nº 54, do 22.3.2010); artigo 33.1.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cantidade que hai que reintegrar: 938,26 €.