Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 13 de novembro de 2014 Páx. 47312

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 24 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha relación de notificacións de acordos de procedencia de reintegro de varias axudas do programa de transformación de contratos temporais en indefinidos, reguladas na Orde do 4 de maio de 2010 (Diario Oficial de Galicia número 86, do 7 de maio) relativa aos expedientes TR348B 2010/329-1 e nove máis.

Intentada a notificación das ditas resolucións segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselles aos interesados o contido das resolucións que figuran como anexo para que poidan ter coñecemento delas.

Estas resolucións poñen fin á vía administrativa e contra elas os interesados poden interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa. Así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rúa Salvador de Madariaga, nº 9-1º, na Coruña, e a obter, se é o caso, copia da resolución, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 24 de outubro de 2014

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: TR348B 2010/329-1.

Nome ou razón social: Arsaca, S.L.

Último enderezo coñecido: rúa Senra, 5, 1º, 15702 Santiago de Compostela, A Coruña.

Feitos imputados: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras contratadas ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos. Non presentar a documentación a que fai referencia a base sétima, punto 4, do anexo B da orde de convocatoria.

Preceptos infrinxidos: base sétima, puntos 1 e 4 do anexo B da orde de convocatoria.

Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR348B 2010/390-1.

Nome ou razón social: Manuela Varela López.

Último enderezo coñecido: rúa Doutor Teixeiro, 22, baixo, 15701 Santiago de Compostela, A Coruña.

Feitos imputados: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras contratadas ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos. Non presentar a documentación a que fai referencia a base sétima, punto 4, do anexo B da orde de convocatoria.

Preceptos infrinxidos: base sétima, puntos 1 e 4 do anexo B da orde de convocatoria.

Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR348B 2010/443-1.

Nome ou razón social: Od2, S.C.

Último enderezo coñecido: rúa Posse, 45, baixo, 15009 A Coruña.

Feitos imputados: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras contratadas ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos. Non presentar a documentación a que fai referencia a base sétima, punto 4, do anexo B da orde de convocatoria.

Preceptos infrinxidos: base sétima, puntos 1 e 4 do anexo B da orde de convocatoria.

Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR348B 2010/449-1.

Nome ou razón social: Frutas Frugadi, S.L.

Último enderezo coñecido: rúa Fontiñas, Área Central, local 20, 15703 Santiago de Compostela, A Coruña.

Feitos imputados: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras contratadas ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos. Redución da xornada de traballo do contrato obxecto da subvención. Non presentar a documentación a que fai referencia a base sétima, punto 4, do anexo B da orde de convocatoria.

Preceptos infrinxidos: base segunda, punto 3 e base sétima puntos 1 e 4 do anexo B da orde de convocatoria.

Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR348B 2010/457-1.

Nome ou razón social: Grupo Lindega Asociados, S.L.U.

Último enderezo coñecido: rúa Roberto Tojeiro Díaz, 1, entresollado A-B, 15009 A Coruña.

Feitos imputados: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras contratadas ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos. Non presentar a documentación a que fai referencia a base sétima, punto 4, do anexo B da orde de convocatoria.

Preceptos infrinxidos: base sétima, puntos 1 e 4 do anexo B da orde de convocatoria.

Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR348B 2010/468-1.

Nome ou razón social: Aula Laboral 2005, S.L.

Último enderezo coñecido: rúa Bolivia, 2, baixo, 15004 A Coruña.

Feitos imputados: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras contratadas ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos. Non presentar a documentación a que fai referencia a base sétima, punto 4, do anexo B da orde de convocatoria.

Preceptos infrinxidos: base sétima, puntos 1 e 4 do anexo B da orde de convocatoria.

Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR348B 2010/513-1.

Nome ou razón social: Paula Vázquez Basoa.

Último enderezo coñecido: rúa Teniente General Gómez Zamalloa, 3, baixo, 15005 A Coruña.

Feitos imputados: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras contratadas ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos. Non presentar a documentación a que fai referencia a base sétima, punto 4, do anexo B da orde de convocatoria.

Preceptos infrinxidos: base sétima, puntos 1 e 4 do anexo B da orde de convocatoria.

Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR348B 2010/519-1.

Nome ou razón social: Bobo Style, S.L.

Último enderezo coñecido: rúa Orzán, 100, baixo, 15003 A Coruña.

Feitos imputados: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras contratadas ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos. Non presentar a documentación a que fai referencia a base sétima, punto 4, do anexo B da orde de convocatoria.

Preceptos infrinxidos: base sétima, puntos 1 e 4 do anexo B da orde de convocatoria.

Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR348B 2010/903-1.

Nome ou razón social: Martín Pérez y Medina, C.B.

Último enderezo coñecido: rúa Gran Vía, esquina Grabador Facal, 48, 15100 Carballo, A Coruña.

Feitos imputados: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras contratadas ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos. Non presentar a documentación a que fai referencia a base sétima, punto 4, do anexo B da orde de convocatoria.

Preceptos infrinxidos: base sétima, puntos 1 e 4 do anexo B da orde de convocatoria.

Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR348B 2010/1045-1.

Nome ou razón social: Hispano-Italiana de Hostelería, S.C.

Último enderezo coñecido: rúa Dolores, 54, baixo, 15401 Ferrol, A Coruña.