Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 13 de novembro de 2014 Páx. 47316

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2014, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, sobre constitucións e modificacións de sociedades agrarias de transformación (SAT).

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, e para xeral coñecemento, acórdase publicar a relación das sociedades agrarias constituídas e modificadas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, e a Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar, do 29 de abril de 1988, inscritas no Rexistro de Sociedades Agrarias de Transformación (SAT) de Galicia, que se citan:

A) Constitucións:

a) A sociedade agraria de transformación Reborica, SAT nº 1425 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo social no lugar da Reborica, 15317 Aranga (A Coruña); obxecto social: concentración parcelaria da zona; capital social: 3.875,00 €; núm. de socios: 107. A súa xunta reitora está integrada por: Ángel Sánchez Caamaño, presidente; Ángel Adolfo González Lamas, secretario; José Luis Díaz Alonso, Manuel Rodríguez López, Antonio Rodríguez Pérez, José Jesús Vázquez Sanmartín, José Ramón Vázquez Vázquez e Manuel Francisco Sanmartín Rodríguez, como vogais.

b) A sociedade agraria de transformación Ganadería Cavo de Vila, SAT nº 1426 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo social en Gontán, nº 4, Samos (Lugo); obxecto social: explotación dunha gandaría de vacún de leite; capital social: 300,00 €; núm. de socios: 3. A súa xunta reitora está integrada por: Alberto López Rubio, presidente; Manuel López Beltrán, secretario, e María Pilar Rubio Sampedro como vogal.

c) A sociedade agraria de transformación O Liñar, SAT nº 1427 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo social en Fontao, nº 4, Sarria (Lugo); obxecto social: explotación dunha gandaría de vacún de leite; capital social: 300,00 €; núm. de socios: 3. A súa xunta reitora está integrada por: Luis Miguel López Loureiro, presidente; María Belén Loureiro Rigueiro, secretaria, e José Manuel López González como vogal.

B) Modificacións:

a) A sociedade agraria de transformación Viveros Redoflor, SAT nº 1288 XUGA, na asemblea xeral do 13 de agosto de 2014, toma os seguintes acordos:

1. Anular os acordos tomados nas actas de asemblea do 18 de xuño de 2013 e 31 de xullo de 2013.

2. Anular os acordos adoptados na primeira asemblea, que tivo lugar o 31 de marzo de 2013.

3. Rectificar parcialmente os acordos tomados na segunda asemblea que tivo lugar o 31 de marzo de 2013, na cal se aprobaba unha ampliación do capital inicial de 30.000,00 €, que agora mediante reservas de libre disposición pasa a ser de 90.000,00 €.

4. Aprobar a alta do socio Iván Crespo Rodríguez, que achega ao capital social un importe de 21.000,00 €.

Como consecuencia desta alta e ampliación de capital, este queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

Ramón Crespo Bastos 33 títulos 33.000,00 € de capital social

María Lourdes Rodríguez Oliveira 33 títulos 33.000,00 € de capital social

Hugo Crespo Rodríguez 33 títulos 33.000,00 € de capital social

Iván Crespo Rodríguez 21 títulos 21.000,00 € de capital social

5. Aprobar a modificación do artigo 2 do estatuto social, que queda redactado da forma seguinte: «O capital social cífrase en 120.000,00 € e estará representado por 120 títulos nominativos de 1.000,00 € cada un deles».

6. Aprobar a modificación do artigo 11 do estatuto, tal e como consta na acta da asemblea, de forma que a Xunta Reitora pasa a estar formada por catro membros.

7. Aprobar a renovación da Xunta Reitora, que pasa a estar composta por: Ramón Crespo Bastos, presidente; Iván Crespo Rodríguez, secretario; Mª Lourdes Rodríguez Oliveira e Hugo Crespo Rodríguez, como vogais.

b) A Sociedade agraria de transformación Viveiros Compostela, SAT nº 974 XUGA, na asemblea xeral do 9 de setembro de 2014, que eleva a público mediante escritura de data 11 de setembro de 2014, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora, que está integrada por: Roberto Miguélez Lago, presidente; María Ofelia Vieites García, secretaria, e Gonzalo Miguélez Vieites como vogal.

c) A sociedade agraria de transformación Terneros Lugo, SAT nº 624 XUGA, na asemblea xeral do 30 de agosto de 2014, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora, que está integrada por: José Penas Sánchez, presidente; Eligio Penas Sánchez, secretario, e Julio Penas Jorge como tesoureiro.

d) A Sociedade agraria de transformación Adega Avelina, SAT nº 1089 XUGA, na asemblea xeral do 18 de setembro de 2014, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora, que está integrada por: Amancio López Vázquez, presidente; Servando López Vázquez, secretario, e Avelina Vázquez Ferrer como vogal.

e) A sociedade agraria de transformación Cives, SAT nº 1375 XUGA, na asemblea xeral do 8 de setembro de 2014, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora, que está integrada por: Jesús Antonio Paris Carballo, presidente; Nicol Lago Piñeiro, secretario; María Luz Danis Romero, Divina García Sendón e María Elvira Lago Tuñas, como vogais.

f) A sociedade agraria de transformación Agronosa, SAT nº 552 XUGA, na asemblea xeral do 16 de outubro de 2014, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a modificación dos cargos da Xunta Reitora, que pasa a estar integrada por: Ana Cristina Ramiro Armada, presidenta; Susana Fernández Rodríguez, secretaria, e Ana Armada de León como vogal.

g) A sociedade agraria de transformación Monte Capelada, SAT nº 775 XUGA, na asemblea xeral do 6 de outubro de 2014, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a modificación do artigo 2 do Estatuto Social, que queda redactado da forma seguinte: «O capital social cífrase en 37.808,91 € e estará representado por 699 xustificantes nominativos de 54,09 € cada un deles».

h) A sociedade agraria de transformación Proida, SAT nº 989 XUGA, na asemblea xeral do 8 de outubro de 2014, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a modificación dos cargos da Xunta Reitora, que pasa a estar integrada por: Raúl Rodríguez García, presidente; Jorge Rodríguez Alonso, secretario, e Olga García Vidal como vogal.

i) A sociedade agraria de transformación Gonzar, SAT nº 1291 XUGA, na asemblea xeral do 9 de setembro de 2014, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora, que está integrada por: Alberto Arias Rodríguez, presidente; Sergio Arias Rodríguez, secretario, e María Yolanda Rodríguez Rodríguez como vogal.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2014

Patricia Ulloa Alonso
Directora xeral de Produción Agropecuaria