Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 13 de novembro de 2014 Páx. 47269

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Santa Comba (expediente IN407A 2014/088-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Expediente: IN407A 2014/088-1.

Solicitante: Electra de Santa Comba, S.L.

Domicilio social: rúa Miraflores, nº 20, baixo, 15840 Santa Comba.

Denominación: LMTS e CS A Torre-O Papamoscas.

Situación: concello de Santa Comba.

Características técnicas:

A liña de media tensión inicíase no centro de seccionamento A Torre (expediente 2005/538) existente onde se instalará unha cela de protección de saída de liña (SF6), e con remate no CT O Papamoscas (expediente 2001/106), onde se instalará unha cela de protección de saída de liña (SF6). A liña de media tensión discorre por canalización existente nun tramo de 237 metros (expedientes 2007/177 e 2011/125) e por canalización de nova execución nun tramo de 219 metros. O condutor será de aluminio con illamento de polietileno reticulado e cuberta de PVC das seguintes características RHZ1 2OL 12/20 kV AL con sección 240 mm2. A lonxitude da liña é de 456 metros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta instalación está previsto que se execute nun prazo dun ano, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 110, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

A Coruña, 20 de outubro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña