Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 13 de novembro de 2014 Páx. 47268

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Val do Dubra (expediente IN407A 2014/53).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Xallas, Flejes y Suministros del Embalaje.

Domicilio social: María Ángeles de la Gándara, 9-11, 15890 Santiago de Compostela.

Denominación: CS e CT de 400 kVA.

Situación: Paramos, 22.

Características técnicas: dúas celas de entrada/saída, cela de seccionamento da compañía, remonte a proteccón xeral, cela de protección xeral, cela de medida e transformador trifásico redutor de tensión, con neutro accesible no secundario, de 400 kVA e refrixeración natural en aceite, 20 kV de tensión primaria e 420 V de tensión secundaria en baleiro e grupo de conexión DNY11.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións neste xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos; rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ao da publicación; artigos 48 e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 13 de outubro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña