Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 13 de novembro de 2014 Páx. 47283

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, de autorización administrativa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello da Pastoriza (expediente IN407A 2014/33-2, 8169 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e autorización administrativa de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: polígono As Gándaras, parcela U2, rúa A, 27003 Lugo.

Denominación: dotación de conexión de servizo en media tensión ao PE A Pastoriza.

Situación: concello da Pastoriza.

Características técnicas: LMTS a 20 kV, con orixe nunha cela de liña proxectada no CT (14100) PE e final nas inmediacións da parcela nº 4 do PE, cunha lonxitude de 260 metros de canalización e de 290 metros de condutor tipo RHZ-150.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa e autorización administrativa de construción das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 21 de outubro de 2014

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo