Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 13 de novembro de 2014 Páx. 47282

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Lalín (expediente IN407A 2014/193-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: cambio sección LAL812.

Situación: Lalín.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ estruturada en dous tramos: 1.232 metros; orixe: centro de seccionamento depuradora de augas (36CZ39); final: centro de transformación Rúa, 53 (36CSZ3). 2. 103 metros; orixe: empalme proxectado na LMT LAL812 centro comercial, entre os centros de transformación Queimadas e Cabirtas; final: centro de transformación Cabirtas (36CS33). A instalación está situada na Rúa, 53, Lalín.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 20 de outubro de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra