Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 13 de novembro de 2014 Páx. 47285

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, de autorización administrativa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Vilalba (expediente IN407A 2014/37-2, 8173 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: PI. As Gándaras, parcela U2, r/A, 27003 Lugo.

Denominación: LMTS, CT e RBT para subministración eléctrica a edificio en avenida Terra Chá 39-43.

Situación: concello de Vilalba.

Características técnicas:

• LMTS con orixe nun empalme na LMTS existente entre o CT Guitiriz e o CT Guntín e final no CT proxectado, cunha lonxitude de 30 metros en condutor tipo RHZ1 12/20 kV 3×240 mm2.

• CT en edificio non prefabricado cunha potencia proxectada de 1.260 kVA e una potencia instalada de 630 kVA, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección, relación de transformación 20.000/400-230 V.

• RBT formada por dous circuítos con orixe no CT proxectado e final nas CXP do edificio, cunha lonxitude de 80 metros, en condutor tipo RV 0.6/1 kV 3(1×240) AI.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa e autorización administrativa de construción das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 21 de outubro de 2014

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo