Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 13 de novembro de 2014 Páx. 47287

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2014/45-2, 8181 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: polígono industrial As Gándaras, parcela U2, rúa A, Lugo.

Denominación: reforma centro de transformación 6971 segunda rolda.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas: reforma do centro de transformación 6971 segunda rolda, no cal se instalan dúas celas de liña, unha de protección e un trafo de 630 kVA, cunha relación de transformación 20.000-400/230 V, instalase tamén un autotrafo con relación de transformación 400/270-150/270 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 22 de outubro de 2014

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo